As xogadoras do Pádel Ribeira foron recibidas no Consistorio

30 Xuño 2023

O salón de plenos do Consistorio local deu cabida na tarde deste xoves 29 de xuño a unha recepción institucional ás xogadores do Club Pádel Ribeira logo de proclamarse campioas de Terceira División Absoluta de Galicia.

O evento estivo presidido polo alcalde en funcións, Manuel Ruiz, contando tamén coas intervencións do concelleiro de Deportes Javier Sampedro e da presidenta do club, Chus Abelleira, quen compartiu a aspiración a que a bandeira de Ribeira luza agora na praia de Maspalomas, nas illas Canarias, con ocasión da próxima celebración do título nacional.

Chus Abelleira anunciou tamén que o vindeiro 15 de agosto celebrarase o tradicional Torneo Cidade de Ribeira.

Pola súa parte, Manuel Ruiz destacou a importancia cobrada por este deporte dende que no ano 2014 habilitáronse pistas de pádel no Pavillón de Coroso e fixo fincapé na necesidade “dunha maior implicación por parte das empresas co deporte local”, tal e como acontece noutros municipios da redonda ou como ocorreu tamén no pasado en Ribeira en especialidades como o baloncesto ou no balonmán, xa que “sen un investimento suficiente é moi difícil participar en competicións importantes”.

Ao final, xogadoras e outros membros do club e autoridades sacaron unha foto nos soportais do Consistorio.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.