As persoas maiores do Centro de Día de Porto do Son contribuíron á elaboración das alfombras do Corpus

13 Xuño 2023

O mes de xuño é un mes cargado de simboloxía e costumes. O pasado día 11 de celebrouse o Día de Corpus que no Son veu acompañado dun chamamento do Concello dirixido a persoas voluntarias para prepararen a alfombra floral, e as persoas maiores do Centro de Día decidiron cooperar de xeito activo nesta tradición tan significativa no pobo.

A agrupación de Alfombristas Florais de Porto do Son fixo chegar as flores ao centro o xoves 8 pola mañá, e pola tarde as persoas usuarias comezaron a cortalas. O venres 9 celebrouse un acto de entrega dos labores realizados, e ese mesmo día, na quenda de tarde, estaba planeado realizar unha saída ata a vila para contemplar o marcado. Sen embargo, as condicións meteorolóxicas non permitiron que se levara a cabo.

Ademais de participaren nesta actividade comunitaria, as persoas usuarias tamén realizarán a súa propia alfombra no Centro de Día. A temática deste ano é moi significativa para elas, posto que se elixiu tras unha votación e garda relación cos hábitos e costumes de Porto do Son, un pobo mariñeiro.

Por outra banda, este xoves 15 é o Día da Toma de Conciencia contra o Maltrato e o Abuso na Vellez. Co gallo deste día, dende o centro púxose en marcha unha campaña de sensibilización no Colexio Público Santa Irene. A dinámica consistirá en acudir unha profesional xunto con varias persoas usuarias ao centro educativo para charlar cos rapaces de sexto de Primaria, co obxectivo de que sexan quen de identificar este tipo de situacións e sexan proactivos na súa erradicación.

Outra data sinalada neste mes é o día de San Xoán, dados os diferentes ritos e tradicións desta noite máxica. Para celebrala, o vindeiro martes 20, os cativos do C.E.I.P. de Nebra, pertencentes aos grupos de Primaria (quinto e sexto), formando un grupo de 20 nenos, acudirán ao Centro de Día de Porto do Son. Este encontro interxeracional está previsto que teña lugar de 11:00 a 13:00, de xeito que os maiores compartan cos pequenos os saberes e as lembranzas que teñen arredor desta festividade. A actividade rematará cun pequeno refrixerio saudábel elaborado con froitas polos maiores.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.