As Mulleres do Barbanza volven concentrarse este sábado para esixir unanimidade contra a violencia de xénero

30 Xuño 2023

Un sábado máis (como todos os primeiros de cada mes), a Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) volve ás rúas “polas que xa non poden berrar” e esixir o remate da violencia contra as mulleres (e unanimidade das forzas políticas e sectores sociais contra a violencia de xénero). A acción encádrase na convocatoria Sábados de Loito, Sábados de Loita e será, novamente, un acto reivindicativo en memoria e homenaxe das vítimas das agresións machistas, “para darlles a voz que lles arrebataron”, sinalan Mulleres en Acción. Será este sábado primeiro de xullo ás 13.00 horas na praza do Concello de Ribeira.

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Oporto”. Alberto Barciela

“Oporto”. Alberto Barciela

Oporto puede seguirse en el sentido serpenteante de un río, o en la vertical de un océano, ascenderse o descenderse por meandros encajados en calles que a veces semejan acantilados, que siempre se precipitan hacia agua, una urbe universal cerca del tiempo que le tocó...