As alumnas do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2022/2023 remataron a formación en manexo de carretillas elevadoras. O curso forma parte do programa formativo no que participan cen mulleres desempregadas da comarca.
Na formación, de 20 horas de duración, participaron 15 alumnas que adquiriron competencias e habilidades necesarias para a correcta condución e manexo deste tipo de aparellos con control das cargas total e seguridade nas tarefas a desenvolver.

A formación impartiuse ao abeiro do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2022-2023 que está dirixido exclusivamente a mulleres e que nesta edición se realiza en colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal. O programa formativo está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia e con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE).



