Alumnado da UAD de Ribeira restaurará un paseo de madeira en Sálvora e limpará de refugallos as praias da illa

22 Xuño 2023

Un total de sete alumnos/pacientes da Unidade de Día do Servizo de Drogodependencias de Ribeira que asisten ao obradoiro de carpintería estarán ao longo dunha semana na illa de Sálvora coa fin de realizar diversos labores de mellora do enclave.

Este xoves 22 de xuño na sede da UAD tivo lugar unha reunión preparatoria con presenza e participación entre outros da concelleira de Servizos Sociais, Ana Barreiro; o xefe da Unidade, Jesús Cartelle; o titor de carpintería, Jesús Cartelle; e o director do obradoiro de emprego Tahume VIII, Juan Manuel Pazos.

O obxectivo da actividade, sinalaron é “pór en valor do traballo da unidade como a restauración de espazos de gran valor arquitectónico e etnográfico, ademais do coidado do medio ambiente, xa que vai desenvolverse de forma sustentábel na propia illa de Sálvora”. En concreto, os usuarios restaurarán o paseo de madeira cara á praia do Almacén e porán a punto a varanda do mesmo, ademais de proceder á recollida de refugallos nas praias da illa.

Trátase, segundo destacou a concelleira Ana Barreiro, “dunha actividade cun gran valor inclusivo e integrador, xa que a convivencia entre persoas con diferentes problemáticas nun ambiente favorábel é moi positivo tanto dende o punto de vista da rehabilitación como da reinserción”.

Colaboración de Tahume VIII e Illas Atlánticas

A actividade celebrarase entre o 24 de xuño e o 4 de xullo e contará coa colaboración das dúas especialidades do Obradoiro de Emprego Tahume VIII (posto en marcha polos Concellos de Ribeira e Porto do Son), ademais do Parque Nacional Illas Atlánticas de Galicia.

A especialidade de cociña do obradoiro encargarase de elaborar as comidas e ceas que consumirán os usuarios ao longo da súa estadía na illa, en tanto que a especialidade de montaxe e confección de redes deseñará un aparello do cerco coa finalidade de que fique no pazo de Sálvora para ilustrar sobre esta arte aos visitantes do mesmo.

Outros artigos

O Concello de Ribeira licita o mobiliario do novo Consistorio

Logo de finalizar a rehabilitación integral da Casa Consistorial de Ribeira ao abeiro da convocatoria do ano 2022 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (PIREP 1) dependente do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, o Concello...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.