Entra na recta final o prazo de inscrición da nova Andaina Solidaria de CONGALSA (podemos inscribirnos até este venres ás 15.00 horas)

15 Xuño 2023

O prazo para inscribirnos na tradicional Andaina Solidaria da empresa alimentaria CONGALSA, con sede principal na Pobra, está xa na súa recta final. En concreto, todas as persoas interesadas en tomar parte nesta importante iniciativa deportivo-solidaria da nosa comarca poden inscribirse a través das webs de CONGALSA e de Deporticket. ata o venres 16 de xuño ás 15.00 horas

A tradicional Andaina Solidaria de CONGALSA celebrarase o vindeiro domingo 18 de xuño en Cabo de Cruz (Boiro). Será a oitava convocatoria dunha actividade abeirada ao forte compromiso de CONGALSA coa Responsabilidade Social Corporativa (RSC) e que se salda cada ano con importantes cifras de recadación que son destinadas a fogares e contornas sociais en risco.

Este ano hai novidades, porque se recupera o formato completamente presencial “para que todas as persoas participantes poidan interactuar ao redor dunha causa común, mentres gozan dun percorrido circular de 10 quilómetros que partirá, nesta ocasión, da Lonxa de Cabo de Cruz”, sinalou Isabel Cañas, directora de Relacións Externas da empresa.

A camiñada durará ao redor das dúas horas, cunha pequena parada na metade do traxecto para que as e os participantes poidan beber auga se o desexan. Ademais, serviranse petiscos ao finalizar o percorrido.

Dorsal 0

A iniciativa está aberta a todos os traballadores de CONGALSA que desexen inscribirse e participar na xornada, tamén aos seus familiares e amigos, así como a clientes e representantes de empresas provedoras, entidades colaboradoras e todo aquel que desexe participar. Iso si, quen non poida desprazarse ata Boiro poderá facer chegar a súa contribución esta iniciativa benéfica adquirindo o denominado dorsal 0 (realizando a doazón que consideren oportuna mediante calquera das pasarelas de pago habilitadas).

“O obxectivo de nosa Andaina Solidaria é contribuír a recadar fondos e alimentos para destinalos a entidades da comarca do Barbanza que traballen prestando apoio social a colectivos, persoas e familias en risco de exclusión social”, sinala Isabel Cañas.

Así, cada un dos asistentes deberá achegar, ademais de tres euros en concepto de cota solidaria de participación no momento da súa inscrición, polo menos un quilogramo ou un litro de calquera alimento non perecedoiro. O produto será entregado á organización da andaina o propio día da súa

celebración, no punto de saída.

Obsequio para as 300 primeiras inscricións

As primeiras 300 persoas que se inscriban na actividade recibirán como agasallo a camiseta oficial da andaina, que se lles entregará tamén o propio día en que se celebre a iniciativa no punto de saída.

Todas aquelas interesadas en participar nesta acción poden consultar o seu regulamento completo e as bases nas webs de CONGALSA e de Deporticket.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...