O Concello de Ribeira adxudicou polo procedemento de urxencia a derriba da narcocasa da rúa Romero Ortiz que sufriu un incendio a madrugada do pasado luns.
A necesidade de elaborar un plan de seguridade propiciou que se atrasase a actuación, que inicialmente se prevía que podería levar a cabo antes da fin de semana. A demolición podería facerse o luns.
O Concello de Ribeira ten un acordo para a adquisición da narcocasa da rúa Romero Ortiz. Ademais, co obxectivo de proceder con todas as garantías, fíxose previamente un proxecto técnico que foi visado.




