ADISBISMUR organiza en Outes unha festa de callos multitudinaria para recadar fondos para a entidade

08 Xuño 2023

Dende hai uns meses, a Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) está a traballar na que vai ser a I Festa dos Callos que organiza a entidade, renovar material que van utilizar as 48 persoas usuarias do seu centro de día e ocupacional que ten en Valadares, Outes.
O sábado 1 de xullo, no espazo da Horta do Muíño do Concello de Outes, a entidade vaise enfrontar a un reto totalmente novidoso ata o de agora: propuxéronse cociñar callos para mil comensais, toda unha fazaña se se ten en conta que non son persoas profesionais dos fogóns.
Para este evento, contarán dende as 12 horas con grupos de música e DJ da zona que, dun xeito totalmente altruísta, encargaranse de amenizar toda a xornada ata vén entrada a madrugada. Entre algúns dos convocados están As Jaitas Blue, A Tajea, Agrupación Xeitura Esteiro, Grupo de Música Tradicional de Outes, Pandereiteiros do Tremuzo, Amigos do Acordeón da Escola Alborada, Rut Amor, The Balayoos, Juan do Tractor, Xianpais + Lil Yei e DJ Borja CT e Meu Cariño.
Dende a asociación queren agradecer publicamente tanto a colaboración desinteresada destes grupos como tamén o apoio loxístico, de espazos e equipamentos por parte do Concello de Outes. Outra colaboración é a dos comercios da zona que están doando produtos para poder ser rifados entre as persoas asistentes.
Para esta xornada tamén teñen preparadas outras actividades participativas dirixidas a nenas e nenos, como unha zona de inchables, organizarase un torneo de fútbol e celebrarase tamén unha carreira de sacos e unha andaina pola mañá.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.