A XXIII Regata Ramiro Carregal Rey traza este sábado 22 millas costeiras

23 Xuño 2023

Juan Caballero.- Este sábado largan amarras desde os peiraos do Club Náutico Deportivo de Ribeira unha trintena de veleiros que van tomar parte na XXIII edición da Regata Ramiro Carregal Rey, o Gran Trofeo Faro de Corrubedo. O destino da frota será a ría de Muros e Noia, tras percorrer 22 millas náuticas (algo máis de 35 quilómetros) nun trazado marítimo cheo de beleza paisaxística pero tamén coa precaución de non baixar a garda en ningún momento debido aos baixos rochosos da zona.

O rumbo máis curto será o de penetrar os pasos do Carreiro ou o de Sagres, ambos coa dificultade que entrañan as pedras que os defenden celosamente, co hándicap da ondada que as mesmas formacións poden chegar a montar, se a mar estivese cargada. No caso de que esta opción non sexa válida, pola seguridade dos regatistas, o Comité de Regatas da Ramiro Carregal Rey indicaría o contorneo á illa de Sálvora, navegando polo seu exterior e buscando un rumbo máis aberto, onde as ondas sexan moito máis negociables para os veleiros.

Os baixos de Basoñas e a pedra de Filgueira serán outras das prioridades para salvar polos responsables da navegación a bordo, estando moi atentos á súa localización nas cartas mariñas ou na electrónica dos veleiros.

Unha vez penetrados os veleiros no interior da ria de Muros-Noia, a navegación xa será máis tranquila, un momento estratéxico para exporse unha boa táctica e chegar co velame coma unha bala, se a intensidade do vento así o permite, ata as inmediacións da bocana de entrada ao porto deportivo do Real Club Náutico Portosín, onde estará situada a chegada.

O Real Club Náutico Portosín organizou unha loxística de desprazamentos por estrada para levar aos regatistas dun porto a outro, tanto nas horas previas á saída, como despois da chegada.

A saída está prevista ás 12.00 do mediodía, desde a ría de Arousa, cunha previsión de vento bastante rolón, roldando do nordeste a sur e suroeste, con intensidades máis ben frouxas, entre os 6 e os 7 nós, o que obrigará a facer un maior número de bordos, cos veleiros navegando en cinguida.

O domingo, e tamén con saída ás 12.00 horas, os tramos serán máis técnicos, celebrando dúas mangas polo interior da ría de Muros e Noia, nas inmediacións do Real Club Náutico Portosín, do tipo barlovento-sotavento, un percorrido entre boias que poñerá en xogo a destreza das tripulacións nas súas manobras e que o Comité da Regata está a barallar a súa lonxitude que poderá oscilar entre as 6 e as 8 millas, dependendo do vento reinante na ría.

O Real Club Náutico Portosín presenta unha excelente frota de veleiros que tratarán de facerse co Gran Trofeo Faro de Corrubedo, tendo representantes nas tres divisións naturais como son Regata, Cruceiro/Regata e Cruceiro, con nomes como o Siradella, Bon III, Lubeca, Kanala, Monte Ulía, Dracco ou Indalo Nono e que teranas que ver con embaixadores de gran nivel como o Corsario, do Club de Iates de Vilagarcía; o Cámping Ría de Arousa, do Club Náutico Arousa Norte; o Piko Norte, do Club Náutico de Boiro; o Moucho, do Deportico de Ribeira; ou o Ziralla Primeiro, do Ro Yacht Club, entre outros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.