A Xunta colabora nunha xornada de limpeza dos fondos mariños da Illa de Sálvora

04 Xuño 2023

A Xunta colabora hoxe nas tarefas de limpeza dos fondos mariños da illa de Sálvora que levan a cabo mergulladores da entidade náutica Medusa, ao abeiro da subvención concedida no marco da liña de financiamento para actividades na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional Marítimo-
Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.
Esta actuación, unha das más de trinta que leva a cabo este club de mergullo en colaboración co parque, completarase cunha segunda limpeza o vindeiro mes de setembro.
Cómpre salientar que a limpeza dos fondos mariños é unha actividade moi importante para a conservación do medio ambiente acuático e tamén é unha ferramenta efectiva para a educación ambiental, xa que permite tanto concienciar sobre a problemática da contaminación como promover a participación cidadá na protección dos océanos.
A maiores, a Xunta lembra que, ademais da recollida de lixo, resulta fundamental a correcta clasificación e tratamento dos refugallos recuperados para facilitar a súa posterior reciclaxe.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...