“A Xente de Mar ten un día: hoxe. Oxalá fora todos os do ano”. Antón Luaces

25 Xuño 2023

Sempre houbo distingos no mar á hora de determinar quen é quen: mariñeiros, todos; pero o mercante opta sempre -ao igual que o da Armada- polo concepto “mariño”. O termo “mariñeiro” ten máis aplicación no sector da pesca. E en Galicia aínda simplificamos máis: os da pesca “andan ao mar” e os da mercante “andan a navegar”. Os da Armada son, por norma, os “grises” (pola cor dos buques e pola roupa de faena a bordo).

Mais este 25 de xuño ten unha característica que percura a unificación. Porque o 25 de xuño e o Día da Xente de Mar (que tamén son todos, se se me permite a xeralización), pero é o colectivo formado por persoas relacionadas coa actividade marítima (comercio, transporte, acuicultura) dentro dunha embarcación e os que apoian desde terra os involucrados en tal denominación. A eles súmanse os tripulantes de buques nas áreas de cuberta: capitán, oficial, piloto e mariñeiros; na máquina, xefe de

Máquinas, oficiais maquinistas, mecánicos, electricistas, foguistas; en comunicacións, persoal asignado ás instalacións radioeléctricas e de sistemas de comunicación; administración, persoal encargado das tarefas contables, servizos de aloxamento e alimentación (tamén coñecidos como persoal de fonda) de tripulantes e pasaxeiros; sanidade, oficiais médicos, enfermeiros e asistentes, e practicaxe: persoal adicado ao asesoramento náutico e legal.

Persoal terrestre (profesional e técnico) que exerce funcións en xurisdición portuaria; e pescadores de altomar.entre outros.

A celebración do Día da Xente do Mar foi instaurada pola Organización Marítima Internacional (OMI). Este ano co lema “50 anos de MARPOL: o noso compromiso continúa”, unha campaña de concienciación que se centra na contribución da xente de mar á protección do medio ambiente mariño, en consonancia co lema xa citado anteriormente.

O MARPOL é un convenio internacional para previr a contaminación polos buques xa sexa por causas operacionais ou accidentais.

Como parte da campaña solicítaselle á xente de mar que compartan unha imaxe do medio mariño que os rodea mentres están no traballo, para poñer de relevo que merece a pena protexer o medio mariño.

Unha chamada de atención que debera nacer da esencia mesma de ser mariñeiro ou mariño. De ser, en definitiva, xente de mar. Teña que ver ou non con esas entre 200 e 500 persoas que perderon a vida esta semana fronte as costas de Grecia e que, oficialmente, están desaparecidas. Quixera pensar que van ser as derradeiras en desaparecer; máis sei ben que non vai ser así, desgraciadamente.

Outros artigos

“Realidade e legalidade” – José Manuel Pena

Sen dúbida unha cousa é a realidade e outra moi diferente a legalidade vixente. Desde algúns colectivos sociais e plataformas cidadás atópanse, con demasiada frecuencia, co muro do despropósito de moito gobernantes. Case sempre apelan á “legalidade” para non deixar de...

+

“José María Barreiro, 86 años de luz y amistad”. Alberto Barciela

Hoy cumple 86 años José María Barreiro, el pintor de la Galicia más colorista, un artista capaz de convertir la luz en emoción y de encontrar en los paisajes, en las gentes y en la vida motivos para crear belleza. Pero, por encima de su extraordinario talento, para mí...

+

“La violencia no cabe en A Coruña”. José Castro López

El poeta ourensano Alberto García Ferreiro, contemporáneo de Curros y Pondal, era unadmirador de A Coruña a la que dedicó el poema “Ben te vin” en el que resalta labelleza de la ciudad que pone a nivel del Paraíso celestial después de pedir a San Pedroque no escuche...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

“Libros para salir al mundo” – José Antonio Constenla

Cuando un autor te deja tan buen recuerdo con sus obras anteriores, uno siempre está dispuesto a seguir leyéndolo. Esto es lo que me pasa a mí con Juan Pedro Delgado Espada, a quien sigo desde aquel Mosquetero del Rey. Ahora he vuelto a disfrutar mucho con sus dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.