A Secretaría Xeral de Igualdade imparte formación para a Mesa Local de Coordinación fronte a Violencia de Xénero de Lousame

09 Xuño 2023

O salón de plenos do Concello de Lousame acolleu este venres 9 de xuño a segunda sesión formativa dirixida ás persoas integrantes da Mesa Local de Coordinación Institucional fronte a Violencia de Xénero do Concello de Lousame. Unha formación ofrecida pola Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral de Igualdade.

Durante estas oito horas formativas, as persoas integrantes da mesa local de coordinación recibiron formación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero. Á xornada asistiron as distintas entidades representadas na Mesa Local, presidida pola concelleira de Igualdade e Servizos Sociais, Silvia Agrafojo. Entre outras entidades presentes figuraban as representantes dos Servizos Sociais de Lousame, do CEIP Cernadas de Castro, do CIM de Noia, da Garda Civil de Noia e do centro de saúde lousamiá.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.