A Pobra sumouse á loita contra a basuraleza coa retirada de máis de 200 quilogramos de lixo na praia da Corna

05 Xuño 2023

A Pobra acolleu esta finde unha nova xornada de coidado medioambiental. A xeira colectiva de traballo traduciuse na retirada dun total de 205’83 quilogramos de lixo da praia da Corna ao abeiro da campaña estatal Únete a 1 m² contra a basuraleza!

Unha decena de persoas decidiu sumarse a esta limpeza efectuada na mañá do día 3 de xuño, que contou coa colaboración da Protección Civil. Entre os residuos presentes no areal atopábanse fragmentos grandes de madeira, un bidón voluminoso, numerosos restos de plástico, botellas, latas e algún chisqueiro, entre outros.

A concelleira do Medio Ambiente en funcións, Genoveva Hermo, apuntou que esta actividade se realizou como antesala do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora no 5 de xuño, e trala adhesión da Administración local ao proxecto Libera, impulsado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes.

Trátase dunha acción máis na senda das que xa se veñen facendo nos últimos anos dentro da campaña local de voluntariado Agora é o momento! A edil engade que todas elas buscan “crear conciencia na preservación das contornas naturais” e “apelar á responsabilidade cidadá para o coidado destas, polo cal desta vez a convocatoria tamén estivo aberta a crianzas para así fomentar o respecto polo medio ambiente dende idades temperás”.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.