A Pobra reivindica o Orgullo con música e cor

23 Xuño 2023

Un ano máis, o Concello da Pobra do Caramiñal súmase á celebración do Día do Orgullo con dúas actividades. A concelleira da Igualdade en funcións, Charo Varela, e o seu homólogo da Mocidade, José Andrés Lojo, explicaron que se pretende así contribuír a visibilizar a reivindicación do colectivo LGBTI+ e, dunha maneira festiva, instar a promover- a tolerancia, a igualdade e a dignidade de tódalas persoas, “con independencia da súa orientación sexual e identidade de xénero”.

Se ben a propia data é o día 28, a programación desenvolverase no día 30 por ser venres e facilitar a asistencia das persoas interesadas. As propostas concentraranse nas inmediacións da praza Alcalde Segundo Durán.

Ás 20.00 horas encherase a tarde de cor coa festa Holi que precisa a inscrición previa en liña. Farase a entrega dunhas lentes e pigmentos en distintas tonalidades no propio día do evento, a partir das 19.45 horas. Anímase, ademais, a acudir con vestimenta branca para que as cores resulten máis vistosas.

E a noite estará amenizada pola Mega Disco Chocolate e algunhas sorpresas, das 23.00 horas en diante.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.