A patronal boirense (ABE) e Volvo Merenauto formalizan un acordo de colaboración

12 Xuño 2023

Dende este luns 12 de xuño as empresas asociadas da ABE xa poden acollerse a un novo convenio de colaboración, neste caso o asinado coa marca Volvo a través do concesionario oficial Merenauto. Segundo destaca a Asociación Boirense de Empresarios, “a día de hoxe o mundo da automoción ofrécenos múltiples posibilidades tecnolóxicas, e a normativa non acaba de concretar que pasará nos vindeiros anos polo que buscar solucións á mobilidade nunha empresa xa non é tarefa fácil”. Así, para axudar aos socios da patronal neste eido a entidade asinou un convenio con Merenauto, formalizado a través do responsábel do departamento de empresas da firma, Jorge Naya, que será a persoa coa que poidan contactar os socios da patronal boirense para informarse das condicións especiais que teñen como integrantes da patronal.

Nun plano máis concreto, as vantaxes son as seguintes:

-Os socios disporán dunha páxina web exclusiva na que poderán consultar sempre que queiran os descontos dispoñíbeis tanto para compra como nos renting.

–Acceso preferente ao servizo de asesoramento do departamento de empresas formado por profesionais que buscarán a mellor solución as súas necesidades de mobilidade, tanto á hora de elixir modelo como fórmula de adquisición.

-Descontos en compra e postvenda.

-Acceso a condicións preferentes en renting.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.