A Panadería leva a Rianxo a historia de amor contracorrente de Elisa e Marcela

06 Xuño 2023

A compañía teatral A Panadaría está a piques de pechar a súa xira co espectáculo Elisa e Marcela e fai unha parada en Rianxo. A función será o sábado 17 de xuño, ás 20.30 horas, na sala Arcos Moldes do Auditorio Municipal.

Trátase dun espectáculo recomendado para maiores de 12 anos.

A Área de Cultura do Concello confirmou que as entradas serán de balde ata completar a capacidade da sala. A recollida poderá facerse dende unha hora antes do evento na billeteira do auditorio, sendo máximo dúas por persoa.

A obra cóntanos a historia de dúas mulleres (Elisa e Marcela) da nosa terra que a comezos do século XX xuntan forzas para plantar cara ao mundo e deciden casar na igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home.

O argumento, a partir de aí, é unha crónica de persecucións, fuxidas, cambios de identidade e informacións manipuladas. O ton imprimido por A Panadaría, a diferenza do recente filme sobre os mesmos acontecementos, que se emprazaba directamente no drama, é de comedia musical: “Unha comedia musical onde o verídico parece invento”.

A dirección corre a cargo de Gena Baamonde e o texto é de A Panadaría e Gena Baamonde. A creación e a interpretación é de Areta Bolado, Noelia Catro e Ailén Kendelman.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...