A goleta Evangelina volve facer travesías turísticas pola ría dende Rianxo

29 Xuño 2023

O Concello de Rianxo organiza esta tempada de verán un programa completo de saídas turísticas en veleiro pola ría de Arousa para descubrir os tesouros do noso mar dende unha óptica diferente e co engadido extra de facelo nunha embarcación histórica, a goleta Evangelina, construída en 1912 e recentemente restaurada.

As persoas interesadas en embarcarse e en facer as reservas deberán acudir á Oficina de Turismo de Rianxo. Haberá dúas saídas diarias (pola mañá e no atardecer) durante os días 3, 5, 7, 10, 12, 13, 19 e 26 de xullo e os días 8, 10, 17, 22 e 30 de agosto. En setembro haberá saídas os días 5, 7, 12, 14, 19 e 21.

A embarcación escollida é a goleta Evangelina, con 110 anos de historia pola costa galega. Ten capacidade para 12 prazas e alcanza os 18,70m de eslora, 5 de manga e 1,65 de puntal. Construída nunha carpintaría de ribeira e restaurada nos Estaleiros Catoira de Rianxo, o seu porto base é en Rianxo, onde se pode contemplar acotío.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.