A Festa do Percebe de Aguiño regresará o 6 de agosto na súa 24 edición

07 Xuño 2023

A Festa do Percebe de Aguiño regresará o vindeiro domingo 6 de agosto na 24ª edición do certame, segundo se desvelou esta tarde nunha presentación do evento celebrada no salón plenario do consistorio local, con presenza do alcalde en funcións Manuel Ruiz, o presidente da Confraría de Carreira e Aguiño, José Antonio Santamaría, e o presidente da Agrupación de Mariscadores, Manuel Ángel Reiriz.
Manuel Ruiz explicou durante a súa intervención que aínda que o Concello non ten orzamentos aprobados si houbo un acordo maioritario que lle permitiu colaborar no certame a través dunha
subvención nominativa. Ademais, pediu aos veciños que graven a data de celebración na súas axendas e adiantou a intención de poder promocionar a exaltación gastronómica, declar da dende o ano pasado de interese turístico galego, máis aló da comarca do Barbanza.
José Antonio Santamaría e Manuel Ángel Reiriz agradeceron ao Concello a súa implicación e sinalaron as mareas como a causa de que a festa teña lugar uns días máis tarde do que é habitual. Neste senso, Reiriz indicou que con mareas vivias sempre se pode recolectar mellor produto e ofrecer unha calidade que non defraude aos visitantes.
Neste senso, prevese repartir en torno a 1.200 kilos de percebe a través de racións que terán 350 gramos ou máis, servidas cos seus cachelos nun prato de cerámica co seu logo identificativo e o eslogan “O Rei do Mar / Percebe de Aguiño”.
Santamaría avanzou que haberá outras propostas complementarias como talleres infantís ou unha pulpeira na que poder degustar polbo ou churrasco.
Tamén informou de que distinguirase como en anos anteriores a dous percebeiros de honra, cuxa identidade está sen dicidir. Prometeu ser especialmente escrupuloso en canto á puntualidade do horario de apertura, ás 12 do mediodía. En próximas datas daranse a coñecer máis novidades así como o prezo da ración, pendente de concretar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.