Esta semana ( luns 19 e martes 20 de xuño) a Escola de Música de Boiro vai realizar dúas actividades coas que facer balance do aprendido no curso que remata e adiantar, tamén, algunhas das liñas de traballo do vindeiro ano académico. Trátase dunha sesión dobre de audicións que dará comezo ás 20.00 horas na Casa da Cultura de Boiro. A sesión do luns porá o foco nos novos talentos da guitarra, do violín e do chelo, e a do martes no piano e na batería. As actividades levaranse a cabo no exterior da Casa da Cultura, na praza do Centro Social, sempre o que o clima así o permita.
A axenda das dúas xornadas tamén inclúe actuacións da Coral O Galo Quirico, da Banda Infantil da Aula de Canto e Coro Xuvenil, da Aula de Pandeireta e do Combo Moderno Xuvenil e o Combo Adultos.




