A cidadanía de Rianxo pode consultar e descargar o documento do Plan Xeral de Ordenación

08 Xuño 2023

O Documento do Plan Xeral de Ordenación de Rianxo que se vén de aprobar provisionalmente na sesión do pleno da Corporación do 11 de maio de 2023 está dispoñíbel para a súa descarga e consulta na ligazón https://concelloderianxo.gal/pxom.

Dende o Goberno local en funcións informan de que a veciñanza que o desexe pode consultar o documento con persoal técnico do concello os martes e xoves, de 10 a 12 h, nas oficinas da Área de Rehabilitación (rúa Adro, nº 2).

Como lembraremos, a elaboración do Documento Plan Xeral iniciou a súa andaina en 2011 e finalmente verá a luz grazas aos dez votos a favor do equipo de goberno (BNG e PSOE), posto que os catro concelleiros do PP, Rianxo en Común e Cidadáns rexeitaron a proposta.

O alcalde en funcións, Adolfo Muíños, recoñeceu que “este documento é froito do traballo de anteriores corporacións” e o resultado é que por fin “deixaranse de usar as normas subsidiarias que rexían desde o ano 198″5. Outro dos obxectivos da novo PXOM é que tentou buscar un equilibrio entre os rural e o urbano.

Entre as principais novidades deste plan urbanístico está que abre a posibilidade de construír un total de 3.594 vivendas ao longo dos próximo 15 anos. Delas, 2.137 estarían en solo urbano, e 1.457 en rural.

Muíño dixo que coa aprobación deste documento “deuse un gran paso para avanzar de maneira firme» no futuro do municipio rianxeiro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.