A ampliación das pistas deportivas de Saamil (Corrubedo) recibe unha ducia de ofertas

30 Xuño 2023

O Concello de Ribeira informou de que, tras pechar na pasada medianoite o período de presentación de propostas, foron doce ás ofertas suscitadas pola obras de ampliación das pistas deportivas de Saamil, situadas na parroquia de Corrubedo.

Con este proxecto, engadiu o Concello, “preténdese mellorar, ampliar e adaptar a zona existente” e para tal fin construiranse dous pistas de tenis (a base dun pavimento continuo de formigón poroso cun peche perimetral de malla galvanizada) e unha pista de calistenia de 16×16 metros con barra de dominadas dobre, monkey bar serpente, barra de flexións tripla e barras paralelas de dous niveis, entre outros elementos.

Ademais, construirase unha soleira de formigón de acceso á pista multideporte xa existente.

O prezo base de licitación ascende a 116.339,66 euros, IVE incluído, e o prazo de execución dos traballos é de dous meses.

O investimento foi incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2022 da Deputación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.