A 5ª Travesía Illa de Rúa (Ribeira) bate récord de participación con 133 nadadoras/es

14 Xuño 2023

A Travesía a Nado Illa de Rúa que se celebrará este domingo 18 de xuño baterá o seu récord de participación ao contar cun total de 133 nadadores, 23 máis que o seu anterior rexistro. Así se fixo saber este mércores 14 de xuño na presentación deste certame en beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) nas instalacións do Club Náutico de Ribeira.

O acto contou coa participación da primeira tenente de alcalde en funcións, María Sampedro, o concelleiro de Relacións Institucionais Ramón Doval; Justo Arevalillo, tesoureiro do Náutico; María José Carreira e Ramona Paz, presidenta e vicepresidenta da AECC; e Juan Carlos Brión, promotor e alma máter da proba, que debullou algúns datos da mesma.

Así, a cita terá lugar a partir das 11.30 horas e a entrega de premios está prevista para as 13.45 horas. Os nadadores deberán completar un percorrido de 4,5 km entre illa de Rúa e o club nunha climatoloxía en principio favorábel, con vento suroeste de 4-5 nos. Ademais de diversos puntos da xeografía estatal tamén comparecerán nadadores de Brasil e Portugal.

A priori, Brión sinalou como favoritos a Hugo Salnés do Club Natación Boiro, que gañou a edición do ano pasado, na categoría masculina; e a local Sabela Pensado na categoría feminina.

A loxística estará formada, sinalou Juan Carlos Brión, por integrantes de Protección Civil, voluntarios, un médico, ambulancia, 14 piraguas e 5 lanchas a motor.

Os trofeos dos gañadores están feitos de forma artesanal por Abraham Benítez. Ademais, vaise distinguir a Juan Ramón Martínez Saíñas e Manolo Nacho pola organización da proba ArousaMan en favor da visualización do dano cerebtal adquirido.

Charla na véspera
María José Carreira informou de que na véspera (sábado 16) a partir das 18 horas haberá unha charla no Club Náutico sobre exercicio terapéutico oncolóxico que correrá a cargo da fisioterapeuta Inés López Simón.

Justo Arevalillo amosou a satisfacción do Náutico por “ter a oportunidade de compartir as instalacións para esta proba”, en tanto que a tenente de alcalde María Sampedro salientou “o fervedoiro que se vivirá esta fin de semana nas augas ribeirense con esta proba e máis coa regata FRINSA” e significou “o gran labor que está a facer a delegación local da AECC colaborando nesta e outras iniciativas para a loita contra o cancro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.