Xoves con sol e temperatura sen cambios

24 Maio 2023

O xoves continuaremos coas altas presións ao noroeste, circulación do nordés e con aire frío nas capas medias e altas traendo certa inestabilidade cara á noite. Agárdase así un día de ceos pouco nubrados ou despexados con nubes de evolución ao sueste pola tarde, que poden deixar algún chuvasco illado treboento pola noite sobre todo no interior do país. As temperaturas continuarán sen cambios ou con lixeiros descensos das mínimas. O vento soprará do nordés moderado, forte no litoral da Coruña.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do norte á tarde e do nordés á noite, forza 3 a 5 á mañá, 3 a 4 á tarde e 5 a 6 á noite. Marusía á mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Domingo 6, sol e suba das temperaturas

Durante o domingo, Corpous Christi, Galicia quedará baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse néboas matinais no interior e ceos moi abertos no resto con nubes de tipo alto. Na Mariña teremos nubes de estancamento. As temperaturas mínimas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...