Unhas obras en Insuela poderían estar afectando á senda peonil, segundo o PSOE de Ribeira

05 Maio 2023

Os socialistas de Ribeira presentaron un rogo para ser debatido en pleno relativo ás obras que se están a realizar no lugar de Insuela-Río Azor, concretamente na parcela 743 do polígono 7. Alí, sinalan, execútanse uns traballos amparados na licenza no 2/2023 que inclúen, entre outras cousas, o peche perimetral do predio. Dito peche, engaden, está afectando á senda peoníl habilitada, que discorre polo perímetro litoral da finca, e a tala de pinos en zona de tránsito.

“Esta vía”, sinala o grupo, “suponse que foi realizada contando coa autorización da Demarcación de Costas de Galicia, contemplando as posíbeis cesións a uso e dominio público; e doutras administracións”.

O PSOE local lembra que a Lei de Costas establece unha servidume administrativa, para a defensa e integridade do dominio público marítimo-terrestre, denominada servidume de protección, que recae, con carácter xeral, sobre unha zona de 100 metros medida terra a dentro desde o límite interior da ribeira do mar (en solo urbano a zona é de 20 metros). A isto engádese a servidume de tránsito, de
6 metros de ancho dende o límite interior da ribeira do mar.

En virtude do exposto, o grupo solicita que “por parte da delegación do Concello de Ribeira, que
corresponda, se valore a realización destas obras de peche acorde coa licenza expedida polo Concello de Ribeira, a fin de protexer e defender os bens que integran o seu patrimonio, coas acción pertinentes; e os dereitos dos cidadáns a desfrutar do espazo de dominio público, e por ende, que a beleza do lugar non se vexa alterada e perxudicada”.


Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

“A forza da gratitude”. Luís Celeiro

Daquela, hai algo máis de cincuenta anos, algúns dos aldeáns e aldeás das aldeas de Lugochegaban ao Instituto para abrir as portas do futuro, pechadas a cal e canto para os fillos daMariña, para os das montañas da Fonsagrada, dos Ancares, do Courel e da Lóuzara...