Un xulgado admite a trámite unha querela de Suma Ribeira pola contratación dun arquitecto externo

23 Maio 2023

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 1 de Ribeira admitiu a trámite a querela presentada o 5 de abril por Suma Ribeira contra o alcalde de Ribeira e o arquitecto técnico por uns feitos que considera constitutivos dun delito de prevaricación administrativa na contratación dese profesional externo ao Concello. O portavoz de Suma Ribeira dixo que o secretario xeral e o interventor municipais fixeron advertencias, reparos e condicionantes en relación á firma dese contrato menor de servizos, como non exceder 15.000 euros de gasto nin o prazo dun ano, sen opción a prórroga, pero Suma Ribeira esa situación prolóngase desde novembro de 2020 á actualidade.

O xulgado ribeirense acordou incoar dilixencias previas interesadas por Suma Ribeira, por procedemento abreviado para que o Concello remita ordenadamente copia autenticada do expediente completo do contrato menor de servizos técnicos de apoio ao departamento de Secretaría e Urbanismo a copia de todas as facturas expedidas por ese arquitecto técnico desde o 15 de outubro de 2020 ata a actualidade, a copia de todos os decretos da Alcaldía nos que se teña autorizado o pago de facturas presentadas con ou sen reparo do interventor municipal desde a mesma data e ata o de agora, e todos os informes do interventor municipal onde poña reparos ou informe favorablemente o pago ou a proposta de pago das facturas presentadas a cobranza por Sabín no mesmo período.

Pola súa banda, Manolo Ruiz delarou o respecto que “contratei unha asistencia técnica cando non había persoal en Urbanismo. Era unha necesidade. Desde entón cubríronse as prazas de arquitecto e aparellador, e cando tome posesión o segundo aparellador, prescindirei dos servizos de Sabín. Prevaricar é tomar unha decisión inxusta a propósito, e iso non se fixo”.

Suma Ribeira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.