“Un proceso penal fica o calendario para localizar o arrastreiro Villa de Pitanxo”. Antón Luaces

17 Maio 2023

É comprensible a desazón e mesmo a presa dos familiares das 21 vítimas do naufraxio en augas de Terranova (San Xoan) do arrastreiro marinense Villa de  Pitanxo. Mais tamén hai que entender esa certa lentitude no proceso xudicial que corresponde á Audiencia Nacional onde, de certo, nunca houbo presas para lle dar solución e calquera cuestión xudicial porque, por norma, a xustiza española é lenta. Ás veces, desesperadamente lenta. Tamén, case que sempre, segura. Como se espera aconteza tamén no caso do naufraxio, o 15 de febreiro de 2022, do pesqueiro de Marín.

Os tempos para que os especialistas baixen un rov ao pecio fíxaos a Audiencia Nacional porque, ao fin e ao cabo, estamos a falar dun proceso penal no que pode xogar un papel preponderante canto se poda estraer das imaxes que o rov poda transmitir á superficie unha vez localizados os restos do buque arrastreiro afundido vai quince meses e en cuxo interior, supostamente, estarán os restos de 21 dos seus 24 tripulantes.

O delegado do Goberno en Galicia, que se reuníu este martes coas familias dos mariñeiros e os seus representantes legais, garantiu a colaboración do Executivo (coa que de feito se contaba), se ben nada confirmou no que atinxe á data na que o buque da compañía ACSM zarpará do porto de Vigo cara a San Xoan de Terranova. Falóuse días atrás da posibilidade de que na fin de semana ou nos primeiros días da vindeira, se puxera en marcha  todo o equipo de busca xa estibado nun buque especializado neste tipo de misións, a bordo do que dous rov agardan o momento de descender para, primeiro, iniciar a busca do pecio do Villa de Pintanxo e, posteriormente, levar a cabo o rastrexo do pesqueiro e a súa contorna. As imaxes que se capten poden determinar en boa medida que foi o que aconteceu aquela mencida de febreiro de 2022 .  Mentres tanto o proceso xudicial -en  paralelo  á investigación que sigue a CIAIM- vai marcando os acontecementos nas figuras do capitán do Villa de Pintanxo e do armador.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.