“Un crego a bordo, meigas fóra”. Antón Luaces

03 Maio 2023

Escarabote, no concello de Boiro, foi coñecida vai anos como “A cidade dos meniños”. A rapazada daquel entón medrou, obviamente, e tomou decisións como, por exemplo, solicitar do Pleno da corporación municipal boirense que se lle dera o nome de Joseba Beovide Arburúa -un capellán de “Stella Maris” no porto de Bilbao que dirixiu o Apostolado do Mar en España e que traballou arreo como capellán da frota bacalloeira de San Xoán e San Pedro de Terranova- a unha rúa daquela parroquia pola que, obrigadamente, tiñas que pasar para ir ou vir de Ribeira a Padrón e viceversa. Aquela estrada.provincial estaba enmarcada por ducias de vivendas multicores que, disque, se pintaban interna e externamente coa mesma pintura empregada nas embarcacións pesqueiras, dando ao lugar unha esencia moi especial que agora se reforza polo feito da aprobación polos munícipes de Boiro de bautismar unha rúa co nome dun crego que moito se ten rído daquel medo que impedía aos sacerdotes subir a bordo dos barcos.

O propio Beobide Arburúa (fillo do escultor autor do Cristo que preside a capela de Cuelgamuros -ata hai pouco do Val dos Caídos, onde estaban soterrados Francisco Franco e José Antonio Primo de Ribera, ambos os dous xa exhumados- relata o feito no libro “Hombres de Terranova”, do que é coautor xunto  a Rosa García-Orellán, ribeirense doutora en antropoloxía social e cultural pola Universidade do País Basco. Un libro que explicita o que foi a vida dos homes que botaban meses nos mares de Terranova e Islandia -posteriormente no de Noruega- momeadamente naqueles grandes bous arrastreiros da Pysbe (que tivo factoría en Ferrol) compartindo tarefas con tripulacións francesas, portuguesas e inglesas a bordo de medio cento de barcos de toda caste (veleiros e de vapor) que, en 1930, reunían máis de 4.000 tripulantes. 

Anos máis tarde (1942) nacía a coruñesa PEBSA e, en 1944, a viguesa COPIBA, con vínculos evidentes ás Rías Baixas galegas das que saíron centos de mariñeiros  que “andaron ao bacallao” neses mares infindos dos que regresaban como mínimo seis meses máis tarde de abandonaren as súas casas e familias nas que deixaban ás mulleres os papeis de pai e nai das récuas de fillos que tiñan que criar ata o retorno do home.

Joseba Beobide é un basco que exerceu como galego pola súa afinidade cos tripulantes bacalloeiros procedentes de Galicia, e agora por ser un “fillo” máis de Boiro con rúa á que da nome en Escarabote. 

Outros artigos

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

+

“El papel de la mujer en Marruecos”. José Castro López

Traigo a este comentario un hecho político que invita a mirar a Marruecos desde laperspectiva del papel de la mujer en una sociedad de profundas tradiciones y arraigadascostumbres machistas bajo una “democracia controlada”, como muchos la califican.En Marruecos ganó...

+

“Non é a guerra, míster: son os feitos”. Antón Luaces

O vicepresidente de Estados Unidos de América, mr. Vance, nun arranque de sinceridade comedida, culpaba onte á guerra (ou guerras) nas que están metidos os estadounidenses, dos nefastos resultados acadados nas eleccións de medio mandado que non deixan moito marxe de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

“Más democracia tras las elecciones”. Alberto Barciela

La nada simple posibilidad de que las Elecciones Generales del próximo 29 de noviembre determinen una mayoría cualificada en el Congreso, lo que se pondría el consenso de al menos dos partidos en torno a un único candidato a Presidente, presupondría la oportunidad de...

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

“Dereito á folga” – José Manuel Pena

A folga está recoñecida como un Dereito Fundamental na Constitución española, concretamente no seu artigo 28, entendendo como algo necesario para defender os intereses socioeconómicos e profesionais dos traballadores. Así mesmo o artigo 4 do propio Estatuto dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.