Un accidente con tres vehículos implicados na autovía de Noia obrigou a desviar a circulación á altura de Galanas

05 Maio 2023

O tráfico foi desviado desde o quilómetro 3 da AG-56 namentres os servizos de emerxencias traballaron para o restablecemento das condicións óptimas da vía.

Varios particulares que circulaban polo quilómetro 4 da AG-56 en sentido Noia chamaron ao 112 Galicia minutos despois das 6 horas: un turismo e unha furgoneta acababan de colidir, deixando múltiples restos sobre a vía.

Desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Boiro, ao GES de Brión, á Policía Local de Ames, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames, aos servizos de mantemento das estradas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Foron precisamente estes últimos os que, unha vez no punto, confirmaron que ningunha das persoas implicadas resultara ferida.

Pouco despois, e cando diversos membros dos servizos de emerxencias estaban xa actuando no lugar do sinistro, un terceiro coche colidiu cos vehículos anteriormente accidentados.

Por fortuna, non houbo que lamentar danos persoais. Iso si, a circulación permaneceu desviada durante a intervención dos servizos de emerxencias.

Durante hora e media a saída da autovía Noia- Santiago nas Galanas quedou cortada ao tráfico.Foto GES Brión

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.