Trenor informa en Ribeira das novidades da nova campaña do Bono Activa Comercio, que vén cun orzamento de 2,5 millóns

11 Maio 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, estivo este xoves 11 de maio en Ribeira, co obxectivo de informar aos establecementos locais da nova campaña Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia activada este martes. Trenor visitou, acompañado polo alcalde, Manuel Ruíz Rivas, o establecemento Moda Rovi con motivo do lanzamento desta iniciativa, e salientou que é moi importante “seguir potenciando o contacto das familias co comercio de proximidade” e poñer en valor “o servizo e a calidade do pequeno comercio e traballar conxuntamente para consolidar as vendas”.

Trenor engadiu que a terceira edición do Bono Activa Comercio da Xunta de Galicia conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros e permitirá mobilizar 8,5 millóns de euros en vendas. Tamén explicou que a iniciativa ten por obxectivo “contribuír a reducir o impacto da inflación das familias”.

Coma en anteriores ocasións, as persoas consumidoras poderán descargar na web www.bonosactivacomercio.gal un bono desconto de 30 euros para as compras que realicen nos comercios adheridos. Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalles un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Os bonos estarán dispoñíbeis para a súa descarga e uso por parte dos consumidores desde o 15 de maio e ata o 15 de setembro, salvo esgotamento previo do orzamento destinado a este programa. Como principal novidade desta edición do Bono Activa Comercio e para optimizar o seu funcionamento, non se limitará o número de usuarios que poden descargarse os bonos (un por persoa), senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...