Remata en Dodro a iniciativa artístico-veciñal para transformar os paneis das caixas de correos

08 Maio 2023

O Concello de Dodro informou do remate do obradoiro creativo de pintura artística dirixido a transformar os paneis comunitarios de caixas de correo dos núcleos do termo municipal. As sesións, impulsadas dende a Concellería de Cultura e Patrimonio, contaron coa presenza da educadora e muralista Raquel Germade.

As actividades remataron en Manselle e saldouse coa plasmación nos paneis de motivos decorativos e artísticos variados, escollidos polos alumnos de pintura, relacionados coa aldea e tamén coa desaparecida olería de Lestrobe.

A iniciativa colleu impulso na recta final deste inverno e foi un programa de intervención participación (veciñal) para mellorar a estética dos paneis das caixas de correo que se atopan en desuso nos núcleos do termo municipal e que, por este abandono e pola muda de hábitos en relación á comunicación, viñan afeando as aldeas co seu proceso de deterioro e esquecemento.

O obxectivo do programa, amais do devandito, foi realizar un labor conxunto de recuperación e restauración dos paneis, seguido dunha intervención artística e pictórica sobre os mesmos, inspirada nunha pescuda sobre a vida veciñal “que sexa unha homenaxe á historia das aldeas e as súas xentes”, informou o Concello, poñendo o foco na importancia de poñer en valor estes obxectos comunitarios “cargados de simbolismo, atravesados polo tempo e testemuñas dun pasado común, dunha rede de mensaxes e historias persoas entrelazadas que configuran, tamén, a historia do concello”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.