
Chamarlle a un futbolista “negro”, é dicir “pel e raza negra”, tómano como ofensivo, dicirlle a este futbolista “vaite recoller plátanos” é racismo insultante, a equivalencia comigo “vaite recoller percebes” utilizaríaa para facer publicidade que na miña cidade hai bos percebes, son sentimentos distintos, o primeiro de culpabilidade (inmerecida) e o segundo publicidade de produtos da miña terra.
Negro con sentimentos de inferioridade, versus, liberado, intelixente, tiran un plátano ao futbolista Dani Álvarez, e este cómello, un acto de valentía, unha resposta coherente, isto comigo non vai, non me insultades porque eu non vos concedo ese privilexio, é coherente, non mendiga recoñecemento, teno.
Lembremos o caso da vella Europa ante os chistes da revista Charlie Ebbo, publicando caricaturas de Mahoma. Despois de que os musulmáns se sentisen ofendidos, polas caricaturas do seu profeta o caso saldouse con doce persoas asasinadas: once no interior da sede do semanario e un policía no exterior.
É dicir, a liberdade de expresión págase con vidas, chamarlle “parvo”, o cal pode ser definición ou non, gritarlle “uh uh”, e un longo etcétera é racismo, que o xogador negro, suposta vítima, chámelle a un compañeiro “fillo de froita” catro veces, varias veces na cara, iso é tolerable.
Por outro parte resulta alarmante que de todos os xogadores negros que hai en España, parece ser que só o tal é a causa de conflito.
A liga española, que o seis por cento do seu cadro de persoal está formado por xogadores africanos, dese 6% só o tal Vinicius é o recepto do suposto racismo
E agora temos aos xerifaltes dos medios nacionais e estranxeiros a limpar o suposto racismo de España, cando o suposto racismo está na outra beira, se a min chámanme “barbudo” non pode molestarme, xa que teño barba ou se me chaman “gordo”, teño quilos de máis, é certo, é unha verdade que non me molesta, non é insulto, pero se eu fose un ser acomplexado entón todo iso sería pecaminoso para min.
Ensinar a vivir aceptando a súa propia realidade.
Liberdade de expresión, caricaturas do profeta Mahoma , aínda a risco de pagar coa vida, é liberdade de expresión, chamarlle negro ao negro é delito.
Que veña Deus e o vexa.
