O PSdG de Ribeira denuncia o estado no que se atopa a exposición da praza de Pablo Neruda

24 Maio 2023

O PSdeG-PSOE de Ribeira emitiu un comunicado no que denuncia que a exposición da praza Pablo Neruda “amosa un estado deficiente”. Segundo indican, “dende a súa instalación no pasado mes de novembro, moitos dos paneis da mesma están caídos”.

Para o candidato socialista á alcaldía de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta, isto supón “un risco para calquera persoa”, xa que a exposición estase “descompoñendo panel a panel” e “pode caerlle un panel enriba a alguén ao pasar por alí”.

“Esta é a nova Ribeira?”, pregúntase Suárez-Puerta, sinalando a responsabilidade do Goberno local, en mans do Partido Popular, no mantemento desta exposición.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...