Municipais 2023: Pérez Barral pide en Ribeira concentrar o voto inconformista no BNG para ter un alcalde con “impulso, entusiasmo e ideas”

21 Maio 2023

O Bloque Nacionalista Galego fixo balance desta semana de campaña na que o grupo está a celebrar diversas xuntanzas veciñais nos barrios e nas parroquias para achegar á veciñanza o seu programa de goberno. A formación nacionalista aposta por “seguir traballando na defensa dos intereses de Ribeira liderando o vindeiro goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza”.

O candidato á Alcaldía, Luís Pérez Barral, arroupado polo seu equipo asegurou que “hai unha maioría de veciñas e veciños que queren un cambio no municipio e o BNG está en disposición de afrontar o goberno de Ribeira situando a unha persoa moza con impulso, enerxía, optimismo pero tamén coa experiencia necesaria para abrir un tempo novo en Ribeira”.

“Percíbese un cambio e uns poucos votos poden decantar a balanza, por iso facemos un chamamento para que todas as persoas que nas pasadas eleccións galegas optaron polo BNG, situándonos como segunda forza e como alternativa ao PP, volvan facelo este 28 de maio” explicou.

Barral recalcou que “o ambiente de campaña é moi positivo” e a cidadanía está a valorar positivamente o equipo extraordinario de persoas que conforman a candidatura do Bloque. “Estannos dando moitos azos e creo que é o momento de concentrar todo o voto inconformista no BNG, para poder ter un goberno aberto e dialogante, que atenda as prioridades e constrúa esa Ribeira mellor”, concluíu.

Integrantes do BNG de Ribeira na praza de Teruel, no histórico barrio ribeirense de Bandourrío

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...