A familia popular volveu reunirse nos soportais da Casa Consistorial de Ribeira con motivo do acto de pegada de carteis que dá inicio á campaña das eleccións locais do 28 deste mes.
O candidato á alcaldía polo Partido Popular, Manuel Ruiz, fixo fincapé “na importancia de que o Goberno local de Ribeira recaia en alguén con experiencia en xestión municipal para concluír todo o conquerido (por contía superior aos 50 millóns de euros, gran partes dos cales corresponden os fondos europeos -FEDER e Next Generation- que están condicionados a rematar as actuacións en prazo) e sobre todo para contribuír a que a cidade e o resto de parroquias sigan crecendo”. Ao fío disto, reivindicou “o ambicioso” do seu programa, con máis de 60 medidas distribuídas por sectores e máis de cen por parroquias. Entre elas inclúense actuacións como o desenvolvemento do Plan Parcial de Abesadas ou a creación dunha zona verde de 50.000 metros en Coroso, ademais de dinamizar Bandourrío cunha sala de concertos pensada para a xuventude no andar baixo do Auditorio, un laboratorio creativo pensado para os artistas no andar superior, e un centro multiusos no edificio de Conservas Cerqueira.
Por último, eloxiou “o talento, os coñecementos e o amor ao seu pobo dos homes e mulleres que figuran na súa lista”, os cales xunto con militantes e simpatizantes do Partido Popular, remataron a súa estadía na praza do Concello voceando o slogan de campaña: Entre todos, Ribeira.
Os mítines desta fin de semana serán:
• Venres ás 18.30 horas en Frións (explanada do Colexio)
• Venres ás 20 horas en Oleiros (Bar Calo)
• Sábado ás 20 horas nos Areeiros (casa de Manolo Vilar)
• Domingo ás 12.30 horas nas Carolinas (Bar Antoxo)
• Doningo ás 19 horas en Aguiño (Bar Cruce)