“Onde están aqueles que tanto quixemos?”. Antón Luaces

14 Maio 2023

Non  pretende ser o titular desta crónica que escribo cando a xornada vai dacabalo do sábado ao domingo e que está motivada por unha vella fotografía que o amigo Antonio Pensado Millán publica en Facebook, e un comentario que -tamén en Facebook-  publica asimesmo Luis Costa Oubiña, ambos os dous persoas que teñen o mar no pensamento e as circunstancias deste mar nos alicerses.

Pensado “colga” no fb. unha fotografía que debe ter, como mínimo, 50 anos. En branco e negro deixa nidiamente claro que a praia de Aguiño (Ribeira) foi sempre varadoiro de embarcacións sumamente mariñeiras en calquera das súas variadas versión: as dornas. Daquela asimesmo bicolor e maioritariamente en branco e negro, co nome e folio en branco sobre o negro do costado. No lateral esquerdo da fotografía, a inconfundible silueta do monte da Curota, inseparables ambas: a dorna e comol pano de fondo a Curota, a dorna varada na Praia, nun día que, nen moito menos, era de sol. E, naturalmente, a nostalxia aparece: onde estará esa dorna da foto, onde os seus tripulantes, que soños gardarán uns e outros?.

O comentario de Luis Costa Ouviña estña motivado por unha miña pregunta: “Para estes non hai limitacións?”. Esta pregunta ten que ver con outra fotografía, esta dun barco estranxeiro, que ten amoreados no parque de pesca milleiros  de exemplares de vieiras, Á miña pregunta resposta Luis Costa: “A ese ritmo de capturas pronto acabarán con elas, tempo ao tempo. Tamén  vai 40 anos os galegos guindabamos con milleiros e milleiros de trancho para o muiño e agora só hai mocos. Ou tamén as cigalas, que pescaban na ría de Arousa as “bakas” e as “bakitas” e agora hai mocos”.

E sí, é certo: cantas barbaridades, atrocidades se teñen cometido no mar. E aínda así, o mar segue a dar moito do que del se demanda.

Eu teño visto (non falo de ouvidas) como un bo número de “bakas” ou “bakitas” faenaban con aparellos de boas dimensión en augas da ría de Arousa, nas mesmas que outras embarcacións -tarrafas procedentes do norte da provincia coruñesa- largaban os seus aparellos para capturar centos, miles de sardiñas, que moitas veces vendían por céntimos de peseta o quilo  porque había tanta, tantísima sardiña, que eras `referible véndela ás fábricas de fariña de peixe por aquilo de non perder todo.

Non existía -aínda non existe totalmente- a cultura de renunciar a encher barco e lancha para gañar a quinta parte do que se podería se tan só se pescara a cantidade necesaria para manter prezos e reservas.

A reflexión de Luis Ouviña fáime pensar ca Comisión Europea. Que ocorrería daquela de estarmos integrados nunha organización como a actual Unión Europea?- Que non nos prohibiría o Sinkevicius de turno?. Cantas sancións non tería acumuladas España?.

Deixo as preguntas, porque sei que non vou poder pegar ollo con tan só pensar as respostas.

Outros artigos

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

+

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

+

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.