No Concello de Porto do Son a Área de Cultura municipal vai celebrar o Dia das Letras Galegas na xornada mesma do 17 de maio con dúas actuacións musicais en dous enclaves diferentes do termo municipal. Trátase, por unha banda, dunha sesión vermú da Asociación Folclórica Chorimas (agrupación sonense de música e baile tradicional galegos) en Porto do Son, e, pola outra, dunha nova sesión vermú de Os Jaitas Blue (agrupación folclórica de Outes) en Portosín.
“A ilusión do Nadal vive en nós”: a proposta do Concello do Son para a axenda festiva das vindeiras festas
O Concello de Porto do Son compartiu a súa axenda de actividades para este punto de inflexión entre 2024 e 2025: unha ampla e variada programación cultural de Nadal convocada baixo o lema A ilusión do Nadal vive en nós. O ciclo dará comezo este domingo, 1 de decembro,...