O PSdeG-PSOE presentou na Casa da Cultura de Boiro as súas candidaturas para as vindeiras eleccións municipais no Barbanza

09 Maio 2023

O PSdeG-PSOE presentou a última hora da tarde deste martes na casa de cultura da Cachada, en Boiro, as súas candidaturas para as próximas eleccións municipais na comarca do Barbanza.

O acto contou coa presencia do secretario xeral do PSdeG provincial Bernardo Fernández Piñeiro, ademais da dos candidatos e candidatas socialistas ás alcaldías dos Concellos do Barbanza.
No acto, ademáis do alcalde de Boiro e candidato á reelección, José Ramón Romero, participaron os candidatos e candidatas do PSdeG-PSOE á alcaldía de Lousame, Ana María Domínguez Laiño; Muros, Caridad González Cerviño; Noia, Francisco Pérez Caamaño; A Pobra, Patricia Lojo Nine; Outes, José Antonio Caamaño Lestón; Porto do Son, Jorge Romero Pérez; Rianxo, Óscar Rial Lago e Ribeira, Francisco Suárez-Puerta.
Bernardo Fernández Piñeiro presentou na súa intervención “aos candidatos e candidatas do Partido Socialista, que van facer que esta organización sexa a primeira forza política nas vindeiras eleccións municipais”.
O secretario xeral provincial afirmou que o PSdeG é “unha forza política que é clave no desenvolvemento, na mellora e na modernización” dos Concellos do Barbanza”, e que “alá onde goberna ten referentes do municipalismo que están a deixar a pel polos seus veciños e veciñas”.
“Estamos convencidos de que imos sacar un gran resultado nas vindeiras eleccións municipais no Barbanza”, sinalou Fernández Piñeiro.
O socialista recalcou o obxectivo de conquerir “máis alcaldías para ser a mellor garantía de futuro e de progreso para todos os veciños e veciñas desta Bisbarra”.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.