O PSdeG de Ribeira amosa a súa preocupación polos altercados violentos nas rúas da cidade

21 Maio 2023

O PSdeG-PSOE de Riberia amousou o seu rexeitamento cara o nivel de violencia observado en episodios recentes na vila, incluíndo o acontecido onte. Este último rematou cun mozo en estado crítico
tras recibir un disparo e catro navalladas.
“Non se pode seguir consentindo, e é demasiado habitual”, sinalou o candidato socialista á alcaldía de Ribeira, Francisco Suárez-Puerta. Os socialistas apuntan á responsibilidade do Goberno municipal na prevención destes sucesos recorrentes. “Hai unha situación de falta de control policial e de deixadez total por parte do Concello”, afirmou Suárez-Puerta, en referencia tamén ás pelexas multitudinarias que tiveron lugar hai unhas semanas e que remataron con varios feridos graves.
O candidato solicita ante isto “máis presencial policial a pé nas rúas, especialmente en fin de semana”, cando se produce a meirande parte dos altercados.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.