Municipais 2023: O PP de Ribeira aposta por dotar a Oleiros dun campo de festa na Trinidade e completar o saneamento

23 Maio 2023

Este luns 22 de maio celebrouse un novo mitin do PP no concello de Ribeira, desta volta no Centro Social de Oleiros, que se viu ateigado de asistentes interesados polas propostas dos populares para a súa parroquia. Contouse coas intervencións de Eladio Muñiz, candidato por Oleiros, María Sampedro e o candidato á alcaldía Manuel Ruiz.

A construción dun campo da festa máis unha zona de estacionamentos na Trinidade e completar os saneamentos de toda a parroquia constitúen dúas das principais prioridades do Partido Popular no próximo mandato 2023-2024, se gozan de novo da confianza dos veciños. Sobre este último punto, fíxose referencia ao “intenso esforzo económico desenvolvido para poder levar este servizo urbano aos diferentes núcleos”, pois, sinalaron, “no momento en que Manuel Ruiz colleu a alcaldía unicamente existía no entorno do hospital comarcal”. Dende entón, engadiron, “impulsáronse obras de saneamento e abastecemento en lugares como Lixó, Sobrido, Canabeiro, Os Muíños, etc”. Agora mesmo está aprobadas obra de saneamento en Salmón e Gándara (con cargo ao remanente e o POS, respectivamente) e no programa electoral contémplase accións como levar o saneamento a Balteiro.

A proposta do Partido Popular tamén recolle, tal e como explicou Eladio Muñiz, xestionar a ampliación da estrada DP-7303 dende o campo de fútbol a Balteiro, a ampliación do tramo de Campo de Patas a Novás (localidade esta última situada en Porto do Son), a ampliación da ponte en Lixó, a construción de beirarrúas na AC-550 en Salmón, a pavimentación do camiño dende o Hospital da Barbanza á estrada AC-302, realizar asfaltados nos Muíños e crear un novo parque infantil.

Ademais están aprobadas xa e con consignación orzamentaria, entre outras, a dotación de beirarrúas á AC-550 á altura da Gándara, vestiario no campo de fútbol da Trinidade ou unha nova senda peonil entre Xenxides e Salmón (esta última financiada pola Xunta de Galicia), ademais dos anteditos saneamentos en Salmón e Gándara, neste último caso nunha actuación que contempla mellorar a accesibilidade en beirarrúas.

Outra intervención prevista pola Xunta dentro do termo parroquial é a ampliación da unidade de hospitalización no Hospital da Barbanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.