“O peche de 87 áreas de pesca, atranco importante para a presidencia española da UE”

11 Maio 2023

No vai ser un doado comezo para España na súa presidencia da UE no segundo semestre deste ano, a convocatoria pola DG Mare dun novo “Consello” no que os Estados membros, o sector pesqueiro e os organismo científicos abordarán os próximos prazos da revisión dos peches a toda a pesca de fondo activados o pasado mes de outubro en 87 áreas de Portugal, España, Francia e Irlanda en virtude da aplicación do Regulamento de augas profundas de 2016.

Será xuntamente co informe dos economistas do STECF, o Comitè Científico, Técnico e Económico de Pesca da CE, que deberá determinar o impacto socioeconómico que pode ter o peche destas áreas. A ausencia deste informe -do que prescindira a Comisión nos primeiros peches- é outro dos motivos polos que España e o sector decidiron levar a Comisión aos tribunais e que, pesumiblemente, será presentado o vindeiro mes de xullo comezando deste xeito un período de consultas con Estados e partes interesadas  que rematarán cunha decisión sobre o futuro dos peches a principios de 2024.

Administración  e sector piden rigor en todo o proceso. A intención de Bruxelas é facer unha revisión anual de todo o proceso.

No sector pesqueiro existe moita incertidume e un certo sabor amarguento dado que se coñece e a recomendación do ICES sobre a existencia -ou posible existencia- de Ecosistemas Mariños Vulnerábeis nas batimetrías entre os 400 e os 800 metros, que servirá de base científica á revisión por parte de Bruxelas dos peches a toda a pesca de fondo nesas 87 áreas citadas.

E hai motiovos: o informe incrementa o número de áreas candidatas a seren protexidas, e sen embargo a extensión conxunta de todas elas é inferior. E amáis existen zonas pechadas nídiamente beneficiadas, como por exemplo o Golfo de Cádiz, mentres que a incorporación dos datos do IEO (Instituto Español de Oceanografía) -non  incluidos na recomendación orixinal- estabelece potenciais novos peches en Cantábrico-Noroeste e golfo de Biscaia. A maior abondamento, só se incluiron datos de artes móbiles, é dicir, de arrastre de fondo, elemento clave do informe xa que logo deixa en mans da Comisión a decisión  de seguir a aplicar os peches en todos os artes de fondo como decretou en outubro, decisión que levou en gran parte ao Goberno de España e asociados da OPP Burela a interpor senllos recursos xudiciais contra a Comisión perante o impacto causado no palangre de fondo, principal segmento afectado.

O labor que queda por de diante vai ser duro, porque España, xunto coa súa presidencia comunitaria vai xogarse nada menos que o presente e o futuro dun sector pesqueiro vital para comunidades como Galicia, Asturias, Andalucía e  Canarias.

Outros artigos

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

+

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

+

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

+

“Pasaba por aquí, da man de Tanxugueiras” – Antón Luaces

Hei confesar -e confeso- que o canto do grupo galego Tanxugueiras ten para min, que gozo coas boas voces no eido musical, un atractivo moi especial. Particularmente a canción titulada "Pasaba por aquí", interpretada en castelán, que non é propia delas senón de Luis...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.