O Pazo de Goiáns acolle este mércores unha nova edición da Romaría das Letras

16 Maio 2023

O 17 chega a doceava edición da Romaría das Letras no Barbanza, no Pazo de Goiáns en Boiro. O evento, organizado por Barbantia, o Concello e a Deputación, comezará ás 11h coa apertura de portas, a feira e a exposición, para coller impulso ás 12h coas actuacións de Xilbarbeira e o Grupo de Baile de Abanqueiro.

Ás 13.30 horas haberá unha sesión vermú nos xardíns con Habelas Hainas e ás 14.30 celebrarase un xantar popular cos Pequenos do Barbanza. Ás 16h, haberá presentacións literarias con Os Quinquilláns: Cantigas quero eu lembrar de Xulio Gutiérrez (con actuación musical de Os Menestreis) e Francisco Fernández del Riego. Galeguista de acción e cultura, de Xosé L. Franco Grande e Anxo X. Rajó Pazo. Pola tarde, ás 17h, haberá café-concerto con Caamaño e Ameixeiras, e ás 17.30 unha zona infantil con Rudy Dudy Clown. Ás 18h volve o baile galego con Aroña e Abelousa, e ás 18.30 está previsto un espectáculo teatralizado do Grupo Airiños, de Asados (Rianxo), que celebra o seu 90 aniversario. A romaría remata ás 20h cun concerto de peche a cargo de A Banda de Loba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

“Desenvolvemento social” – José Manuel Pena

Hai décadas en que se celebrou o Cumio Mundial de Copenhague sobre o DESENVOLVEMENTO SOCIAL, definíndose que para ser tal “ten que ter ao ser humano como obxectivo principal" e "que para que isto sexa unha realidade é conveniente a participación activa dos individuos...

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

“A UE cara o primeiro Pacto Europeo dos Océanos”. Antón Luaces

O chipriota Costas Kadis, de 57 anos, será -se así o decide o Colexio de Comisarios- o próximo Comisario de Pesca e Océanos da Comisión Europea- A proposta de nomeamento parte da presidenta deste organismo da UE, Ursula von der Leyen, quen confía en que o político...