O Pazo de Goiáns acolle a I Feira Agroforestal en Boiro

12 Maio 2023

O Concello de Boiro, coa colaboración do alumnado do Obradoiro de Emprego en xestión forestal, este venres e sábado a I Feira Agroforestal no Pazo de Goiáns. O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, acompañado da directora do Obradoiro de Emprego, Lidia Santos; e o técnico forestal do Obradoiro, Emilio Saborido; visitaron esta mañá a feira.
Obxectivos desta proposta son promover o traballo realizado polo alumnado na contorna do Pazo, promover o comercio local e poñer en contacto a distintos sectores vinculados co eido forestal. “Temos que aproveitar as potencialidades do noso territorio para diversificar os sectores produtivos e xerar novas oportunidades de emprego e estamos vendo que o forestal ten moito percorrido”, recoñeceu o alcalde.
Ademais de exposición de maquinaria, durante o día desenvólvense distintas actividades e formacións como exhibicións de poda en altura, demostración de extracción de resina, taller de apicultura ou obradoiro de cultivo de seta shiitake. “Estas actividades van permitir amosar os aspectos paisaxísticos máis relevantes da finca de Goiáns e aqueles valores que ten de arbolado e paisaxe en xeral.
Esta primeira xornada estivo máis orientada a centros de ensino e contou coa asistencia de alumnado de Obradoiros de Emprego relacionados co eido forestal ou da xardinería, e tamén alumnos de outros centros de ensinanza profesional. “Para que o alumando que queira se poida seguir formando e coñezan as posibilidades que hai no eido forestal”, afirmou Lidia Santos.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...