Municipais 2023: O Partido Galego debulla o seu programa no mitin central celebrado no Local Social de Oleiros (Ribeira)

22 Maio 2023


Este sábado 20 de maio o Partido Galego fixo o seu mitin central na parroquia de Oleiros (Ribeira), terra do candidato a alcaldía polo PG. Neste acto participaron Maxi Vázquez, secretario xeral do Partido Galego, Óscar Casais, nº 2 da candidatura e Moisés Domínguez, candidato á alcaldía de Ribeira.

O Centro Social de Oleiros estivo ateigado de veciños de dita parroquia que foron acoller ao seu alcaldábel, chegando a ter que estar varios veciños de pe debido a falta de cadeiras do propio local.
Maxi Vázquez encargouse de presentar aos relatores e fixo unha intervención na que introduciu os piares básicos do partido, indicando “a necesidade de ter un partido que defenda os intereses de Galicia”.

Óscar Casais fixo unha intervención na que explicou os problemas principais de Ribeira avogando pola necesidade de realizar políticas construtivas como as que fai o Partido Galego.

Moisés Domínguez explicou as propostas principais do seu programa para o concello de Ribeira, focalizándose nos problemas da súa parroquia. Finalmente o candidato a alcaldía expresou o seu desexo e ilusión por “conseguir unha Ribeira mellor pensada para todos os seus cidadáns”.

O acto rematou cun gaiteiro tocando o himno galego e cun convite a un pincho aos propios asistentes, mentres o gaiteiro amenizaba o acto con música tradicional.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...