O Líceo Marítimo de Ribeira acolle este sábado 27 a presentación de Mansío con Eva Veiga e Antonio Piñeiro

26 Maio 2023

Este sábado, 27 de maio, ás 20,30 hs., terá lugar o acto poético e presentación de Mansío, no salón central do Liceo Marítimo de Ribeira.

Froito da colaboración entre Eva Veiga e Antonio Piñeiro, Mansío é un libro de artista, ou libro obxecto, cuxa singularidade xa ven causando expectación estes días no eido cultural barbanzán.

Foi realizado nunha tiraxe moi reducida, directamente intervida pola obra poética e pictórica dos dous autores, o que lle confire un caracter artístico que se propón como actitude desde a condición autorial.

O Liceo Maritimo de Ribeira, institución cultural e asociativa decana na Barbanza, en colaboración con Barbantia e co Concello de Ribeira, volve así acoller un destacado encontro, na acción dinamizadora cultural que o caracteriza.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.