Este sábado en Boiro mesa redonda sobre o aproveitamento forestal para as Comunidades de Montes Veciñais en ManComún

12 Maio 2023

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza moderará a mesa redonda: posibles aproveitamentos forestais para as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común que terá lugar este sábado 13 de maio de 19:00 a 20:15 no Pazo de Goiáns en Boiro.
Na mesa redonda participarán :
 Emilio Saborido, presidente da CMVMC de O Fieitoso de Taragoña (Rianxo)
 Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo
 Lucía Saborido, presidenta da CMVMC do Araño (Rianxo)
 Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC Barbanza, Enxa, Xián, Dordo, Costa de Abaixo e O
Sobrado (Baroña, Porto do Son)
 Adrián Capelo Cruz, equipo Fundación RIA e Laboratorio Ecosocial do Barbanza (moderador
da mesa)
A través das súas intervencións e dun debate posterior cos asistentes, na mesa redonda abordaranse
as oportunidades de introducir usos diversos nos montes que aporten maiores beneficios
económicos, sociais e medioambientais ás comunidades e permitan xerar emprego, así como os
retos que atopan as comunidades que desexan xestionar o seu territorio nesta dirección.
Aínda que a xornada vai dirixida ás comunidades de montes, de seguro que será relevante para
outras persoas interesadas nestes temas.
A entrada é libre ata completar aforo. Non é necesaria inscripción.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.