O I Campionato Barista de Colexios de Educación Especial celebrarase o 11 de maio en Boiro

05 Maio 2023

O Concello de Boiro colabora coa celebración do I Campionato Barista de Colexios de Educación Especial que organiza o CEE Manuel López Navalón e que ten a dada de celebración prevista para o vindeiro xoves 11 de maio no Pazo de Goiáns. Na presentación da actividade (na mañá deste venres 5) participaron o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Carlos Muñiz; Alfonso Miguel Aguado, asesor barista Cafés Templo; e Juan Manuel Carracedo, secretario do CEE Manuel López Navalón.

“Trátase dun campionato práctico no que o alumnado medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das probas onde elaboraran distintos cafés” afirmou o secretario do centro organizador.

No acto fíxose saber que van participar os centros CEE Manuel López Navalón de Santiago de Compostela, o CEE Maria Mariño da Coruña, o CEE Terras de Ferrol, o CEE Pontevedra e o CEE Infanta Elena de Monforte de Lemos

O campionato celebrase na especialidade de servizos de restauración dos programas formativos de centros de educación espacial de todo Galicia. “Esta actividade serve para contribuír á formación que recibe o alumnado nos seus centros e dar a coñecer e promover a cabida que este alumnado ten no mundo laboral”, afirmou o asesor barista de Cafés Templo.

A actividade terá lugar no Pazo de Goiáns o vindeiro xoves 11 de maio a partir das 11.00 horas cando dará comezo o Campionato e haberá tamén obradoiros para o alumnado dos centos asistentes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...