O Goberno confirma que os pagos por cese de actividade ás mariscadoras da ría de Noia faranse efectivos en maio e xuño

23 Maio 2023

O Executivo central confirmou que os traballadores e traballadoras do sector do marisqueo na ría de Noia recibirán este mes de maio e o próximo mes de xuño os abonos correspondentes ás prestacións por cese de actividade nos meses precedentes.

O Goberno informou destes pagos na súa resposta a unha iniciativa do deputado Antón Gómez-Reino, do Grupo Confederal Unidas Podemos-En Comú Podem-Galicia En Común, quen levou ao Congreso a situación insostible do sector, afectado por un episodio de toxina na ría de Noia e unhas condición climáticas anómalas.

Dita iniciativa foi resultado da xuntanza que mantivo a Marea de Noia coas mariscadoras da ría.

Na súa resposta, o Goberno tamén explica que a razón do adiamento na tramitación dos pagos “é a complexidade da mesma” e “a necesidade de comprobar e xustificar cada un dos requisitos esixidos legalmente para a súa concesión”. A maiores, tamén sinala que o Instituto Social da Mariña (ISM) “sempre tivo como obxectivo facer máis sinxelos, máis fáciles e menos complicados” os procedementos, facilitando as ferramentas adecuadas ao cidadán” e expón unha serie de medidas que se están a aplicar para a simplificación e a axilización dos trámites administrativos relacionados cos ceses de actividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.