O Concello de Rianxo licita por 95.000 euros a reforma da terraza cuberta de Brea Segade

04 Maio 2023

Todo vai segundo o previsto, e o vindeiro curso os alumnos do colexio Brea Segade de Taragoña gozarán da reformada terraza cuberta. Esta é a intención do Concello de Rianxo, que acaba de licitar a obra por 95.000 euros.

Esta é a segunda vez que se licita tras unha actuación prevista no plan único da deputación, quedando abandonado o proceso anterior despois de que ningunha empresa manifestase interese en acometer os traballos. O orzamento das obras increméntase agora en 33.000 euros con cargo a fondos propios do concello, para un total de 95.000 euros, que faga máis atractivo o proceso de licitación para as empresas. As empresas interesadas en realizar os traballos teñen ata o 18 de maio para presentar ofertas.Mostrar Cambios

Outros artigos

O Maio Vintage Market de Boiro adíase até o 11 de maio

O Concello de Boiro vén de confirmar que por mor das previsións meteorolóxicas adversas, o Maio Vintage Market previsto para este sábado queda aprazado ata o vindeiro sábado 11 de maio. A cita estaba prevista para este día 4, durante toda a xornada, na céntrica rúa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

“Errar de infinitos”. Alberto Barciela

Anda el mundo en sus circunstancias, no pocas desalentadoras. Entre ellas, cada uno semeja andar a lo suyo -menos yo, que diría el paisano, que ando a lo mío-. Transaccionar -negociar, convenir- consensos básicos sobre temas esenciales: la salud, la paz, la...