O Concello de Noia inicia as obras de humanización da rúa Anxo Senra cun investimento de case 205.000 euros

03 Maio 2023

O Concello de Noia vén de formalizar a adxudicación das obras de renovación e acondicionamento da rúa Anxo Senra á empresa Pavimentos Noia, Obras e Contratas SL por un importe de 204.949,8 euros. A empresa dispón de entre 2 ou 3 meses para executar este proxecto, polo que dende o Goberno que preside Santiago Freire agardan que “as obras dean comezo nos próximos días”. Estes traballos, engade o Concello, buscan “solucionar as graves deficiencias que ten na actualidade a rúa Anxo Senra, en especial en parte da súa rede saneamento de fecais, que data de hai máis de 30 anos e conta con colectores de formigón agretados debido a que están a tan so 40 centímetros da actual estrada, o que supón un problema potencial para a veciñanza e para o medio ambiente do municipio en xeral”.

Neste sentido, o Concello de Noia contempla substituír eses colectores de formigón agretados e instalar un sistema de saneamento separativo, realizando tamén as acometidas as vivendas. Ese sistema separativo de recollida de augas pluviais conectará co saneamento de pluviais realizado no saneamento integral da Xunta de Galicia. Este novo saneamento farase en polipropileno.

O proxecto inclúe tamén unha nova imaxe para a rúa Anxo Senra, onde está previsto crear unha pequena praza que recollerá o magnolio, que estará acompañado por novas árbores nos alcorques que se implantarán a ambos lados da rúa. Así mesmo, reorganizaranse as prazas de aparcamento e renovaranse as beirarrúas existentes, que se atopan en mal estado de conservación.

As obras rematarán co aglomerado en quente de 5 centímetros da rúa, previo tratamento de fochas e levantado dos pozos actuais de saneamento para así evitar calquera tipo de fochanca. A actuación inclúe tamén o pintado da sinalización en todo a vía.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Radio” – Xulio Xiz

“Radio” – Xulio Xiz

Ter vivido dezasete anos en Radio Popular e dous na Radio Galega, convertéronme en home de radio por riba doutros medios que, se todos imprimen carácter, a radio ten tal personalidade, atractivo, engado, que quen a veza nunca a pode deixa, Nos meus tempos de TVL...

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

“Demasiada realidade”. Xosé Antonio López Silva

Cada vez voume atopando con máis xente que me conta que fixo a escolla de deixarde ler ou de ver noticias. Que buscan emisoras onde haxa só música, ou que evitantelexornais e tertulias de actualidade. Non son persoas desentendidas do mundo. Dinque non poden soportar...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.