
O Concello de Noia, a través da Concellería de Parques e Xardíns que dirixe Ana García, levou a cabo nas últimas semanas tarefas limpeza, roza e acondicionamento dunha decena de lugares do concello; ademais do cambio e reposición de decoracións florais.

Testal, praza das Angustias, Obre, Boa, Paseo Marítimo, Ousoño, Bergondo, Castro Lampreiro e Orro foron as zonas onde se levaron a cabo esas actuacións. Nos vindeiros días realizaranse en outros puntos do concello.




